O alumnado do IES Maximino Romero de Lema de Baio acadou o 1º, 2º e 3º premio na categoría B (1º e 2º CURSO de ESO) e o 1º premio na categoría C (3º e 4º de ESO) do consumo responsable e calidade de vida Consumópolis-16, no que se trataba de reflexionar de forma consciente, crítica e solidaria sobre distintos aspectos do consumo responsable.
Todos eles traballaron sobre: «Coida o teu planeta cun consumo + responsable, atréveste?«.
Unha moi boa nova que celebra toda a Comunidade Educativa.
O Equipo «MAKINAS», integrado por Daniel Díaz, Daniel Domínguez, Óscar García, José Pereira e Desiree Vázquez, coordinados polo profesor Gonzalo de Castro-Acuña, gañaron o 1ºpremio. O Equipo «SUPIH» formado por Samuel Antelo, Izan Blanco, Unai Ínsua, Pablo Lema e Héctor Sambade, coordinados polo profesor Alejo Figueroa, gañaron o 2º premio. O Equipo «ZUMOS» formado por Daniel Pérez, Enrique Mallón, Héctor García, Pedro Pastoriza e Fernando Cereijo, coordinados polo profesor Alejo Figueroa, gañaron o 3º premio. O Equipo «STARTECH» formado por Marta Calero, Martín Castro, Ismael González, Brais González e Nerea Torrado, coordinados polo profesor Gonzalo de Castro-Acuña, gañaron o 1º premio na Categoría C.
