Máis vale previr. Canto antes mellor

0 minutes read

En cuestións de emerxencias máis vale previr que lamentar, e canto antes mellor, por iso este luns a Escola Infantíl A Ledicia de Carballo prestouse á realización dun simulacro de incendio na cociña das súas instalacións na carballesa Avenida de Bergantiños. Unha vintena de nenas e nenos ademais do persoal do centro, Policía Local e Bombeiros do Parque Municipal, colaboraron de forma coordinada no simulacro celebrado nas instalacións da Escola Infantíl.