Making of: 30 aniversario da Mostra do Encaixe de Camariñas, xa en Fitur


FITUR 2020 celébrase desde este mércores 22 ao domingo 26 de xaneiro en Feira de Madrid – IFEMA-. Este gran punto de encontro global para os profesionais do turismo, líder no panorama mundial desta industria, prepara unha das súas edicións máis completas, con Corea como País Socio, e na que a sustentabilidade, a tecnoloxía e a especialización, seguirán tendo un marcado protagonismo. Todo iso no marco de celebración do seu 40 Aniversario, unha especial ocasión cuxa celebración poñerá o broche de ouro a toda unha serie de iniciativas xa en marcha e que teñen como obxectivo dar continuidade á exitosa e ascendente traxectoria. Na súa pasada edición FITUR congregou a 10.400 empresas participantes con máis de 253.000 asistentes.

Varios concellos, así como Entidades, da Costa da Morte teñen representación este ano na Feira, pero sen dúbida, un dos eventos destacados relacionados coa comarca, será a presentación do 30 aniversario da «Mostra do Encaixe de Camariñas», unha ampla representación municipal está en Madrid para darlle o impulso necesario a un evento para o cal traballan e planifican durante 11 meses e tres semanas ao ano, logrando así un éxito envexable edición tras edición.

Como unha imaxe vale máis que mil palabras, durante a presentación proxéctase o vídeo oficial da «Mostra», como en anos anteriores realizado ao detalle por grandes profesionais da materia, Diego Alonso Freire e Raul Lorenzo, que ademais contan como protagonistas das escenas co modelo internacional Damián Álvarez e á actriz galega Tamara Rey.