17
- Este espectáculo ao aire libre comezará ás 21:30 horas e non será necesaria reserva de praza.
O paseo marítimo de Muxía acollerá este sábado a representación teatral de Habeas Corpus, de Malasombra Producións. Será ao aire libre, ás 21:30 horas e non será necesaria a reserva de praza. Está especialmente recomendada para público familiar, cunha duración de 60 minutos.
Habeas Corpus é unha comedia deseñada para exhibirse en espazos exteriores e na que se trata sobre a relación do ser humano coas demais especies animais. Para reflexionar sobre isto recorrerase á recreación dun xuízo público. Dirixida por José Prieto, conta con Xoque Carbajal, Jouse García, Marcos Orsi e Esther Aja.