‘Maléfica, maestra del mal’ proxéctase este xoves en Caión

PIXABAY

  • A proxección comezará ás 22:30 horas no aparcamento xunto á casa reitoral

Continúan as actividades da programación cultural deste verán organizadas polo Concello da Laracha en colaboración coa Deputación da Coruña. Este xoves é o turno da proxección do filme ‘Maléfica, maestra del mal’. Comezará ás 22:30 horas e terá lugar no aparcamento xunto á casa reitoral en Caión.

Principalmente está dirixido a maiores de sete anos. O acceso será gratuíto e por orde de chegada ata completar a capacidade máxima do recinto.