As ANPAS dos distintos centros educativos da comarca (CEIP Barrié de la Maza, IES Terra de Xallas, CEIP Pepe Xan Baña e CEIP Víctor Sáenz) denuncian o bloqueo sistemático do transporte escolar nas últimas xornadas da folga de transporte e exixen o cumprimento dos servizos mínimos.
A pesares de que o transporte escolar foi establecido coma servizo mínimo máis de 600 alumnos e alumnas do Concello vironse privados durante varias xornadas do seu dereito ao transporte debido á presenza de piquetes que impediron as saídas dos autobuses que cubren as distintas rutas escolares.
“Entendemos as reivindicacións do sector, pero non é aceptable que os nosos fillos e fillas sexan as vítimas do conflito, cando existen uns servizos mínimos que non se están a respetar”.
As ANPAS soliciltan a intervención das autoridades e as forzas de seguridade para garantir a libre circulación dos autobuses escolares e o cumprimento dos servizos mínimos, sobre todo de cara as futuras xornadas de folga convocadas para os días 19, 20 e 23 de xaneiro.
Ademáis, a interrupción do servizo de transporte escolar deixa ás familias nunha situación caótica, obrigando a pais e nais a ausentarse de maneira imprevista dos seus postos de traballo para levar ou recoller aos seus fillos e fillas dos centros escolares. Esta situación afecta especialmente ás familas que non teñen unha rede de apoio
“É un caos de conciliación inasumible para as familias” afirman as representantes das ANPAS. “Non descartamos futuras movilizacións conxuntas no caso de que a situación non se resolva e se siga impedindo o acceso dos menores ao transporte escolar”.