Malpica | A Concellaría de Turismo, Festexos e Mar impulsa esta fin de semana a ‘Primeira Festa da Luz’

Peirao de Malpica_Cedida

  • A celebración, de ahí a súa denominación, coincide co Equinoccio de Primavera, unha efeméride astronómica na cal o Sol incide directamente sobre o Ecuador e a duración do día e da noite é practicamente igual en todos os lugares da Terra.

Malpica acollerá este 18 e 19 de marzo a primeira edición da súa ‘Festa da Luz’, ao ritmo do mellor son de verbena. Serán dous días de ritmo e diversión na súa zona portuaria, impulsados e organizados pola Concellaría de Turismo, Festexos e Mar que dirixe Alfredo Cañizo.

Dende o Concello de Malpica animan a participar nesta verbena, tendo sempre en conta as medidas sanitarias e de respecto vixentes en beneficio da saúde de todos e todas.

O venres 18 de marzo, ás 22.00 horas, o ritmo correrá a cargo da orquestra canaria El Combo Dominicano, que alternará a actuación coa música da discoteca móvil La Mega CDC. Xa o sábado 19, polo día, a feira habitual colocarase ao longo da rúa principal. Pola noite, a música volverá coa actuación da orquestra Cinema, que aproveitará a ocasión para presentar o espectáculo co que inicia a súa xira 2022. Esta actuación estará acompañada pola disco móvil CDC Minidisc.

Haberá unha gran carpa climatizada para poder gozar comodamente da festa.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha