23
A Deputación provincial da Coruña financiou con 22.706,76 euros a contratación dunha brigada de limpeza de praias durante a tempada estival do ano 2020. Estivo composta por 9 peóns e operativa do 25 de xullo ata o 10 de outubro de 2020. Esta actuou en todas as praias do Concello de Malpica: Area Maior, Canido, Seaia, Beo, Seiruga, Barizo, Riás, San Miro e As Torradas. Malpica é un dos principais destinos turísticos da Costa da Morte sendo beneficiarios desta brigada de limpeza de praias todos os veciños e veciñas do Concello, ademais dos visitantes e turistas que puideron contemplar a excelencia destas praias e a súa protección ambiental.