33
- Haberá 900 euros en premios
As concellarías de Turismo e Promoción Económica do concello de Malpica acaban de poñer en marcha un concurso de escaparates de Nadal para «dinamizar a vila e fomentar o comercio local».
Entre outros puntos a valorar teranse en conta «o traballo, a estética e, sobre todo, a orixinalidade das creacións», sinalan desde o goberno local. Repartiranse 900 euros en varios premios: un de 300 euros, outro de 200 euros e catro de 100 euros.
O prazo para anotarse remata o próximo luns e as inscricións faranse no Concello. Máis información no 981 720 318 ou no 693 400 673.