O Concello de Malpica emitiu un comunicado no que certifica que procedeu a abonar ás asociacións culturais e sociais do municipio as axudas concedidas para gastos de funcionamento e actividades dos anos 2020 e 2021 por un importe total de 18.412,50 €, segundo a seguinte desagregación:
Asociación Cultural Malante 3.520,00 €.
Asociación Cultural e Deportiva Carcaxía 3.480,00 €.
Asociación Cultural Raigañas 2.692,50 €.
Asociación de Veciños de A Pedrosa, Brión e a Raxeira 2.600,00 €.
Federación de Asociacións de Redeiras Artesáns O Peirao 2.040,00 €.
Asociación de Redeiras Profesionais O Fietal 1.440,00 €.
Asociación de Amas de Casa de Malpica 1.440,00 €.
Asociación Cultural e Deportiva Salitre 1.200,00 €.
Despois de case 3 anos sen que se convocaran axudas para gastos de funcionamento e actividades destinadas ás entidades sociais e culturais e co obxecto de normalizar as convocatorias, a Concellería de Educación, Cultura, Patrimonio e Deportes convocaba, no mes de outubro de 2021, ás axudas para os anos 2020 e 2021. Con esta convocatoria de axudas que agora xa están abonadas, a Concellería de Educación, Cultura, Patrimonio e Deportes marcouse como obxectivo contribuír a paliar a delicada situación económica das entidades sociais e culturais tras 2 anos de pandemia, e xa está ultimando a convocatoria das axudas para o ano 2022 que estarán dotadas dun orzamento de 20.000,00 €.