Malpica abordará este xoves os soldos e as áreas de traballo do Goberno local

1 minutes read

O Concello de Malpica celebrará este xoves unha sesión na que quedarán definidas formalmente as áreas de responsabilidade de cada concelleiro/a, así como a retibución económica a percibir por cada unha delas, tamén a signación por asistencia a xuntas de goberno local, comisións xerais e plenos. De momento, todo indica que o alcalde, Eduardo Parga, terá adicación exclusiva, o seu socio de Goberno de AIM, Alfredo Cañizo, será o primeiro tenente de alcalde, con responsabilidade directa nas áreas de Festexos, Mostra da Olería e Santo Hadrián, Turismo e Servizos, onde entraría a recollida do lixo, iluminación pública e parques infantís. Marisol Blanco levaría Servizos Sociais, Igualdade, Sanidade e Olería. Noelia Freijeiro, Educación, Deportes, Cultura e Patrimonio. Miguel Ángel Fernández, seguiría coa carteira de Obras, e sumaría Tráfico e Seguridade Cidadá. Rodrigo Mato, será o responsable das áreas de Medio Ambiente, Mocidade e Novas Tecnoloxías, e Luis Miguel Fernández levará Política Económica, Comercio e Mercado.