Malpica abre de novo a oficina de Servizos Sociais en Buño

A concelleira de Servizos Sociais, Marisol Blanco, presentou este mércores a reapertura dunha oficina ao uso para a causa, no Centro Comarcal de Buño.
Unha traballadora social atenderá as necesidades dos veciños e veciñas do municipio solicitando cita previa. Esta oficina comezará a funcionar dende o 7 de xullo ata o 15 se setembro en horario de 12.00 a 14.00 horas durante o período de verán, de luns a venres, e de 12.30 a 14.30 horas en horario de inverno. As persoas interesadas poderán chamar para reservar cita previa ao 981720280 ou no 981707100.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha