Malpica acende a iluminación de Nadal

Cedida.

O Concello de Malpica acendeu este martes a iluminación de Nadal en todo o municipio. Esta semana acabarán de instalarse as luces nas parroquias. Previamente fixéronse todas as probas e os axustes necesarios para un correcto funcionamento.
Dende o consistorio malpicán, e concretamente dende a Concellaría de Servizos, Seguridade Cidadá, Tráfico, Medio Rural, Mar, Turismo e Festexos con Alfredo Cañizo á fronte, afirman que “somos conscientes de que estas datas serán máis especiais, se cabe, logo dun ano que esta festividade estivo moi condicionada pola chegada do coronavirus. Por iso queremos contribuír a dinamizar o pobo para apoiar aos distintos sectores económicos nestas festas de importante actividade para eles”.