A exposición “I Certame RIMARTES de FotoSub en Pecios” xa se pode visitar logo de que este luns quedase inaugurada no Centro Cívico de Malpica.
No acto estiveron presentes o Alcalde Malpica, Eduardo Parga Veiga, Noelia Freijeiro, concelleira de Cultura, Miguel Ángel Fernández, concelleiro de Obras e o promotor da exposición Pedro Tasende. Eduardo Parga agradeceu a xentileza do autor “por achegar esta exposición que é unha das múltiples actividades que se veñen desenvolvendo dende o proxecto Rimartes co obxecto de promover o turismo sostible e poñer en valor o enorme patrimonio subacuático da Costa Galega dende Bergondo ata a Ría de Muros-Noia”.
A exposición, conformada por 20 obras, son unha selección de imaxes que lembran o vínculo dos naufraxios con enclaves naturais, construcións civís, áncoras ou faros; unha exposición que pon en valor o enorme patrimonio subacuático da costa e que se poderá ver ata o 15 de xaneiro.