Malpica acolle esta fin de semana a 1ª fase do campionato rexional de patinaxe artística

  • Deportistas da Coruña e Lugo daranse cita o sábado e domingo no polideportivo municipal

Esta fin de semana Malpica será escenario do campionato I fase categoría rexional da Coruña e Lugo de patinaxe artística. Deportistas das dúas provincias reuniranse no pavillón municipal grazas á organización do Club Patín Velúa de Malpica e a Federación Galega de Patinaxe.

Participarán patinadores e patinadoras de varias categorías: benxamín, alevín, infantil, cadete, xuvenil e absoluta. Haberá entrega de trofeos ao remate de cada xornada.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha