Malpica acolle este domingo a XIII Travesía Sisargas

2 minutes read

A Travesía Sisargas volve a Malpica o domingo 13 de agosto. A XIII edición da competición de nado vén con novidades xa que terá dous percorridos:

1.- Distancia: 4,2 Km. Hora de saída: 10.30 h (embarque ás 10:00 h). Saída: Porto de Malpica. Chegada: Praia do Concello de Malpica.

2.- Distancia: 2 Km. Hora de saída: 12.00h. Saída: Praia de Malpica. Chegada: Praia de Malpica.

PROGRAMA

🔹Sábado 12 de agosto de 2023

18:00 – 20:00 Entrega dorsais Travesía 4.200 e 2.000 m no Porto de Malpica, Lonxa

🔹Domingo 13 de agosto de 2023

08:30 – 09:30 Entrega dorsais Travesía 4200 m. Porto de Malpica Lonxa

10:00 Traslados en barco ata as Illas Sisargas desde a lonxa.

10:30 Saída travesía 4.200 m desde Illas Sisargas

10:30 11:30 Entrega dorsais Travesía 2000 m. Praia de Malpica.

11:30 Chegada de primeiros participantes da distancia 4200 .

12:00 Saída travesía 2.000 m. Praia de Malpica.

12:40 Chegada de primeiros participantes da distancia 2000 m

13:15 Entrega de trofeos Travesía Costa Sisargas Malpica 2023

Estás seguro de que quieres desbloquear este artículo?
Desbloquear izquierda : 0
Estás seguro de que quieres cancelar la suscripción?