Malpica acolle este domingo un mercado itinerante que pon en valor as mulleres artesás galegas

Cedida

  • A actividade itininerante ‘Un mercado en cada porto. Mulleres artesás de Galicia’ poderá visitarse de 11:00 a 20:00 horas.

O paseo marítimo de Malpica acollerá este domingo, 31 de xullo, a segunda edición do evento ‘Un mercado en cada porto. Mulleres artesás de Galicia’, unha actividade itinerante e liderada por mulleres creativas que leva vinculada unha mostra fotográfica de retratos de redeiras, colareiras, palilleiras, cesteiras, oleiras e outros colectivos. Mulleres que «tomaron o relevo das súas avoas para seguir dándolle vida aos traballos máis ancestrais da cultura galega», afirman desde ONYVA!, entidade organizadora en colaboración con concellería de Cultura e Deportes de Malpica, Artesanía de Galicia e a Xunta.

O mercado poderá visitarse de 11:00 á 20:00 horas.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha