Malpica acolle este sábado a primeira fase de niveis de patinaxe artística

Cedida

  • A competición arrincará ás 10.30 horas e pola tarde dará comezo a partir das 16.00 horas

O pavillón municipal de Malpica acollerá este sábado, 23 de abril, a primeira fase de niveis de patinaxe artística do nivel 4 ao 10 Coruña Norte. Un encontro deportivo organizado polo Club Patín Velúa coa colaboración do Concello de Malpica.

A competición arrincará coa participación dos clubs Patiart, As Pontes, Oleiros, Maxia, Conxuro, Escola Lubiáns, Inercia e Lenda. Pola tarde o horario será de 16.00 a 19.00 horas e participarán deportistas dos clubs Buxaina, Alquimia, Costa da Morte, Aura, Compañía de María, Axel e Velúa.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha