- A proba, que se celebrará o domingo 9 de agosto, é a única puntuable esta tempada para a clasificación do Campionato de España
Malpica acollerá o Campeonato Galego de Fotografía Submarina ‘I Trofeo Illas Sisargas’, unha iniciativa coa que se busca poñer en valor a biodiversidade e a riqueza do fondo mariño; e que arrincará arredor das 8:30 horas no espigón do porto malpicán. Está organizada polo Club Buceo Malpica en colaboración coa Federación Galega de Actividades Subacuáticas –FEGAS- e co Concello de Malpica.
A proba, que se disputará o domingo 9 de agosto, é a única puntuable nesta tempada para a clasificación para o Campionato de España de Fotografía Submarina –NAFOSUB 2020-.
As persoas interesadas en participar poderán anotarse ata o 26 de xullo. Máis información neste enlace.