Malpica acollerá en marzo unha conferencia sobre a actividade física de maiores e enfermos de cancro


O mércores día 1 de marzo o salón de actos da Cofradía de Pescadores de Malpica acollerá a conferencia “A importancia da actividade física nos nosos maiores e nos enfermos de cancro”.
Como poñentes estarán presentes Inés López, fisioterapeuta especializada en exercicio terapéutico oncolóxico, e
María Bardanca, licenciada en ciencias da actividade física e o deporte.
Os asistentes tamén poderán gozar de masterclass gratuítas o xoves 2 de marzo: Coñece o teu ximnasio, aprende os exercicios e a utilización dos aparatos máis axeitados.
Ademais o luns 6 de marzo haberá loga adaptada ás patoloxías, e o martes 7 ximnasia terapéutica.
As actividades estarán organizas pola a Concellería de Deportes de Malpica en colaboración coa Asociación Contra o Cancro de Malpica, a Cofradía de Pescadores e o Fogar dos Pensionistas San Adrián do Mar.