Malpica acollerá este sábado o festival de música Baleafest

1 minutes read

O concelleiro de Turismo e tenente alcalde de Malpica, Alfredo Cañizo e a A.C. Campal presentaron, xunto a estatua “Balea”, a primeira edición do BALEAFEST, un festival que nace en Malpica e que se vai celebrar este 10 de setembro.

O I BALEAFEST será gratuíto. A Asociación Cultural Malante abrirá a quenda de actuacións, ás 21.00h. Logo, actuarán Ambigüo, ás 22.00h e, finalmente,  The Jokers, ás 23.30h.

No evento tamén colabora a Confraría de Pescadores de Malpica.

Desde o Concello e a asociación Campal  animan a todo o mundo a achegarse ata este novo evento para que poida consolidarse e poder facer unha segunda edición.