Malpica acollerá este venres a presentación de ‘Rueiro’, o novo libro de Paco de Tano

0 minutes read

Este venres 10 de febreiro, ás 20.30 horas presentarase o novo libro de Paco de Tano, «RUEIRO». O evento levarase a cabo no Cornecho de Tano e conta coa colaboración da Concellería de Educación, Cultura, Patrimonio e Deportes do Concello de Malpica, que dirixe Noelia Freijeiro.