O Mercadiño de Artesanía e a II Foliada de Cantos de Nadal organizado pola Concellería de Educación, Cultura, Patrimonio e Deportes e na que colabora a Xunta de Galicia a Deputación da Coruña, a Rede de Dinamización Lingüística, as asociación AC Raigañas, ACD Carcaxía e AC Malante e Rakelúa, levarase a cabo o 18 de decembro na Rúa Eduardo Vila Fano de Malpica.
A programación para o sábado é a seguinte:
- 10:00: Apertura do mercado
- 12:00: O Apalpador e os Moniftes
- 17.00: Actuación do Mago Charlangas
- 19:00: II Foliada de Cantos de Nadal na que actuarán as asociación AC Raigañas, ACD Carcaxía e AC Malante
Dende o Concello convidan a visitar o Mercado Artesán de Nadal para gozar destas festas.