Malpica acollerá un curso de autodefensa para mulleres en situacións violentas


A Concellería de Igualdade do Concello de Malpica organiza un curso de “Autodefensa para mulleres ante situacións violentas”, que se desenvolverá os días 31 de xaneiro e 2 de febreiro, no Centro Cívico. Os especialistas da Federación Galega de Loita e pertencentes ás Forzas e Corpos de Seguridade do Estado serán os encargados de impartilo. O curso realizarase entre ás 16:30 e as 20:30 horas ambas as xornadas. As persoas interesadas en realizar esta actividade poden inscribirse no departamento de Servizos Sociais ou chamando ao 981720280.