- O peixe recollido foi doado a Cáritas Interparroquial de Bergantiños
O Concello de Malpica colaborou no V Campionato clasificatorio Zona Norte de Pesca Submarina celebrado este domingo na localidade. Unha actividade á que tamén se sumaron a Confraría de Pescadores, Protección Civil e Buceo Malpica.
Durante a xornada participaron deportista federados de todos os clubs pertencentes á zona que abarca desde Fisterra ata Ribadeo, demostrando as súas habilidades entre Punta Muxeiros e Chan de Razo (Carballo). Dos 14 clasificados, os tres primeiros postos foron para Adrián del Río García, do Club de Remo San Felipe; Antonio Ramón Lata Lafuente, do Club do Mar Ferrol; e Luis Miguel Pan Tajes, do Club del Mar de San Amaro.
Toda a pesca recollida foi doada para Cáritas Interparroquial de Bergantiños.