A través da concellería de Igualdade, o Concello de Malpica adheriuse á campaña ‘Liberdade de ser e sentir!’ da Deputación Provincial da Coruña.
Esta iniciativa púxose en marcha polo Día da Diversidade Sexual, que se conmemorará o 28 de xuño. O obxectivo non é outro que reivindicar o dereito á liberdade sexual e á tolerancia das persoas.
Os locais ou entidades que queiran sumarse á campaña poden solicitar carteis a través da concellería de Igualdade do Concello.
Para facer a vosa solicitude podedes chamar a algúns dos seguintes teléfonos: