Do 24 ao 27 de agosto Malpica celebrará as súas Festas do Mar. O cartel xa está completo, a veciñanza agarda que a climatoloxía sexa benébola, pero tamén que a organización sexa previsora, e que non pase o mesmo que nas festas do Santo Hadrián, onde unha tarde noite pasada por auga e sen carpa, desluciu unha verbena que contaba nin máis nin menos que coa actuación da orquestra Panorama. Nesta ocasión as actuacións son dun perfil máis baixo, pero aínda así , non sería o primeiro ano que chove o último fin de semana do mes de agosto. O pregón deste ano terá lugar o venres día 25 ás 14:00 horas a cargo de Manu Baqueiro, pero un día antes xa terá actuado, unha vez máis, a orquestra estrela do cartel, a canaria El Combo Dominicano. Os fogos serán como de costume o último domingo do mes ás 12 da noite no paseo da praia. A cita está organizada pola ACD Mallas da Area coa colaboración da concellería de Turismo e Festexos do Concello de Malpica, a Confradía de Pescadores da vila e a Deputación da Coruña.
Malpica agarda por unhas Festas do Mar ‘sen choiva’
Actuación Combo Dominicano.