- O espazo conta cunha zona de céspede e outra de xogos para os máis cativos
Este mércores o alcalde de Malpica, Eduardo Parga, achegouse ata o colexio Joaquín Rodríguez Otero para comprobar a nova zona de xogos infantís promovida polo Concello a través da empresa Damaso Ferreiro. O rexedor, xuntos cos concelleiros Miguel Fernández e Noelia Freijeiro, foron recibidos polo directos do CEIP.
O renovado espazo infantil conta cunha zona de céspede natural e outra de xogos asentados sobre un piso adecuado para os máis pequenos, quen poderán desfrutar do seu tempo libre á vez que melloran a súa psicomotricidade.