Malpica amplía con tres novas actividades as súas Escolas Deportivas


O Concello de Malpica, a través da concellería de Deportes, lanza tres actividades deportivas novas: baloncesto, balonmán, e  zumba que se se suman ás xa existentes,  para o curso 2022/20223

Os nenos e nenas de Malpica xa se poden inscribir nas actividades deportivas programas que van desde iniciación ao baloncesto, ximnasia rítmica, tenis de mesa, atletismo, iniciación ao balonmán, bádminton, zumba infantil e patinaxe.

Cada unha das opción terán un custe de 17,33€ por neno/na e impartiranse en distintas quendas no pavillón deportivo municipal excepto a patinaxe que será en dúas quedas unha no pavillón e outra no CEIP Xoaquín R. Otero.

As clases de iniciación ó baloncesto serán o luns 16.00h a 16.55 nenos e nenas nados entre 2011 e 2016, ximnasia rítmica os mércores  de 16.00h a 16.55 horas  para nenos e nenas nados entre 2011 e 2016, tenis de mesa martes 16.00h a 16.55 para nenos/nenas nados entre 2009 e 2014, atletismo martes e xoves de 16.00h a 16.55 nenos e nenas nados entre 2011 e 2016, iniciación ó balonmán o mércores 16.00h a 16.55 nenos e nenas nados entre 2011 e 2016, bádminton xoves de 16.00h a 16.55 nenos e nenas nados entre 2009 a 2014, zumba infantil venres de 16.00h a 16.55 nenos e nenas nados entre 2009 a 2015.

O número máximo de participantes en cada escola deportiva será determinado polo protocolo específico, ao mesmo tempo que se non se chega ao mínimo establecido terán que ser suspendidas ou substituídas por outras actividades.011 e 2017 ( no pavillón de Malpica) e os venres de 17.00h a 17.55 ( no CEIP Joaquín R. Otero)