- A través da iniciativa da Fundación María José Jove, faise chegar ás persoas ingresadas da área sanitaria da Coruña as mensaxes da rapazada malpicá
O Concello de Malpica fixo entrega na mañá deste martes as derradeiras cartas a pacientes ingresados no CHUAC por coronavirus. A iniciativa da Fundación María José Jove, #cartasconalma, permite a recollida do material para facer entrega no centro sanitario coruñés.
Esta iniciativa, cuxa temática e libre así coma o seu formato, permitirá achegar ánimos dende a distancia ás persoas que están a sufrir o coronavirus.
A través da coordinación cos diferentes centros, poden remitirse as obras ata o 24 de maio como data límite, indicando o nome, idade e o centro onde estuda o/a alumno/a.
O alcalde, Walter Pardo, anima a “todas as crianzas de Malpica a colaborar nesta marabillosa idea, para que en nome de todos, lles fagan chegar esas mensaxes de “non estades sós e soas”, subliña o alcalde.