Malpica anuncia a ‘I Foliada de cantos de Nadal’

Cedida

  • Será o 25 de decembro nunha carpa instalada na rúa Eduardo Vila Fano

O mes de decembro é un dos que acolle máis actividades culturais e de ocio de todo o ano, e diso dá boa conta o Concello de Malpica que, en colaboración coa Consellería de Educación e as asociacións locais Carcaxía, Raigañas e Malante, organiza para o próximo 25 deste mes a ‘I Foliada de cantos de Nadal’.

Desenvolverase nunha carpa instalada rúa Eduardo Vila Fano a partir das 19:00 horas. As tres entidades participantes serán as encargadas de amenizar a tarde e o público tamén poderá gozar dun photocall.