Malpica aproba definitivamente un orzamento de 4,8 millóns de euros


O Concello de Malpica contará cun orzamento de 4,8 millóns de euros para o exercicio 2020. O documento aprobouse no Pleno celebrado este xoves no salón de actos do Centro Cívico, debido á normativa da COVID-19. Ademais, acordouse que os festivos locais para o ano 2021 serán o 8 de xaneiro, San Xulián, e o 27 de agosto, a Festa do Mar.

No relativo ao orzamento, no capítulo de gastos, estarán dedicados 1.694.842 euros aos gastos de persoal; 2.384.499,89 euros para gastos correntes en bens e servizos; 10.000 euros para gastos financeiros; 216.390,5 euros para gastos correntes; 514.833,32 euros para investimentos reais e 20.000 euros para operacións financieiras.

No capítulo de ingresos, destácanse os 1.407.734,28 euros para impostos directos; 16.653,02 euros para impostos indirectos; 933.972,00 euros para taxas, prezos públicos e outros ingresos; 2.186.273,82 euros para transferencias correntes; 275.883,32 euros para transferencias de capital e 20.000 euros para activos financeiros.