Malpica aproba un suplemento de crédito de 70.000 euros para mellorar as infraestruturas municipais

Concello de Malpica

  • Os proxectos, enmarcados dentro do POS+ provincial deste ano, inclúen a mellora da estrada entre Campelo e Barizo e a renovación do parque infantil de Buño

O Concello de Malpica aprobou no pasado pleno ordinario do 29 xullo un suplemento de crédito de 71.784,82 euros co que financiar a mellora da rede de infraestruturas municipal. Deste xeito, o goberno local destinará parte do remanente de tesourería do ano 2020 para sufragar catro proxectos incluídos no POS+2021 da Deputación da Coruña.

En concreto, neste suplemento inclúense 20.000 euros para a mellora do camiño da Besugueira, na parroquia de Barizo; 30.000 euros para a renovación da capa de rodamento nun camiño na Raxeira e outro entre Cambre e Pedrosa; 11.784,82 euros destinados ó arranxo da estrada entre Campelo e Barizo; e outros 10.000 euros para renovar o parque infantil de Buño.

Na sesión tamén se aprobaron os festivos para o 2022: o 7 de xaneiro (San Xulián) e o 26 de agosto (Festa do Mar).