A Corporación de Malpica aprobou este venres, cos votos do grupo de goberno, o Orzamento Xeral de 2022 e o cadro de persoal. Un orzamento que crece no seu conxunto un 9,02% con respecto ao do ano 2020, cun aumento de 436.604 euros ata alcanzar os 5.277.221 euros.
O alcalde, eduardo Parga, destacou os investimentos previstos para este ano que ascenden a 468.652, e que serán incrementados xa que o Concello está á espera de coñecer a concesión de axudas dos plans adicionais da Deputación Provincial e outras aportacións que poidan chegar da Xunta.
O alcalde asegurou durante a sesión que este orzamento se axusta á realidade do concello e está centrado en cubrir as necesidades de primeiro orde dos veciños e veciñas de Malpica, de xeito especial, nos servizos sociais, debido ás consecuencias económicas e sociais da pandemia da Covid-19, pero tamén canto ao mantemento, conservación e construción de novas infraestruturas. As contas, dixo, tamén apostan pola potenciación das actividades culturais, o e o turismo.
“Nun momento como o que atravesamos, cunha forte demanda nos servizos sociais e de atención as necesidades das persoas máis vulnerables centramos os nosos esforzos en aumentar estas partidas. Do mesmo, xeito co fin de reactivar a economía e de mellorar os servizos, os orzamentos contemplan diversas actuacións de mellora e de construción de novas infraestruturas”, apuntou Parga.
52