Malpica apura os traballos de roza de cara ao verán

1 minutes read
  • Esta semana as intervencións centráronse na parroquia de Cambre, no lugar de Aviño

O Concello de Malpica continúa cos traballos de roza de cara á tempada estival para limpar as cunetas e zonas exteriores das vías que conectan os núcleos do municipio.

As intervencións comezaron a pasada semana na parroquia de Mens, e durante estes días centráronse na de Cambre, concretamente no lugar de Aviño. Estas tarefas realízanse con equipos de traballo especializados e maquinarias con brazo retráctil que facilitan en gran medida as operacións.

Desde o goberno local sinalan que estes traballos «continuarán de cara ao verán para que Malpica goce da súa mellor versión» ante a chegada de milleiros de visitantes.