Os Bombeiros de Carballo, alertados polo CIAE 112 Emerxencias Galicia, acudiron á última hora da tarde deste venres a sufocar un incendio nun galpón pegado a unha vivenda no lugar de Campelo, parroquia de Barizo, en Malpica de Bergantiños. Unha vez no punto, os Bombeiros comprobaron que non se trata dun galpón, senón dunha vivenda antiga que estaba deshabitada. En colaboración co GES de Ponteceso, os Bombeiros de Carballo procederon á extinción do lume que estaba afectando á zona da lareira e a diferentes enseres como unha butaca, papeis e cartóns. Nos traballos de extinción e enfriamento empregaron uns 500 litros de auga.
Non houbo persoas danadas e o lume afectou aos papeis que estaban queimando, a unha butaca e ao sobrado de madeira, sen que tampouco se vira afectada a súa estrutura.