Malpica | Arde unha casa en Buño e catro persoas resultan feridas

Entre os afectados atópanse dous axentes da Garda Civil, un membro de Protección Civil e unha señora que habitaba a vivenda situada na Rúa de Santa Filomena, na parroquia de Buño, en Malpica de Bergantiños.

O 112 Galicia tivo constancia do lume ao fío das 06:30 horas deste sábado mediante a chamada dun particular que residía na vivenda. Segundo o seu relato, a súa casa estaba envolta nun lume que a afectaba por completo, e a concentración de fume era considerable. A maiores destacaba que na vivenda atopábase unha persoa con mobilidade reducida, a cal precisaba axuda para saír.

Axiña, os xestores do 112 Galicia informaron do suceso aos Bombeiros de Bergantiños, aos membros do GES de Ponteceso, aos axentes da Garda Civil e aos membros de Protección Civil.

Con todo, segundo informan ao 112 Galicia, ardeu a casa por completo, exceptuando dúas habitacións, e a maiores, unha persoa tivo que ser trasladada ao hospital por inhalación de fume e tres persoas que formaban parte do equipo de emerxencia e que traballaban na extinción do lume tamén resultaron feridas.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha