A cita contará cunha ampla variedade de propostas lúdicas e culturais. A xornada dará comezo ás 13.00 horas cunha sesión vermú, amenizada polos grupos Arredores e Raigañas.
Pola tarde, tanto os cativos como os adultos poderán gozar desde as 17.00 ata 19.00 horas, de distintos obradoiros, de balde, entre os que se inclúen un de regueifa, a cargo de Lupe Blanco; un de barro con María de Feituras e outro de baile a cargo de Carme de Pontragha.
A música popular será a grande protagonista a partir das 19.00 horas, co comezo da Foliadiña para os máis cativos e unha hora máis tarde a tradicional Foliada, que encherá de ritmo a tarde nas Pozacas (Cerqueda).
A organización informa de que se seguirán anunciando novidades e de que haberá servizo de comida e de taberna tanto ó mediodía como á noite.
A directiva da A.C.Raigañas invita a todas aquelas persoas que queiran disfrutar dun día cheo de boa música, baile, risas e parolas.