Malpica busca mellorar o sistema de depuración coa redacción do plan director de saneamento

Concello de Malpica

  • A planificación obtida será fundamental para definir as necesidades do sistema de depuración do municipio

O Concello de Malpica contratou a redacción do plan director de saneamento para buscar unha solución global e conxunta para este proxecto. A planificación obtida será fundamental para definir as necesidades, prioridades e elementos que formarán o sistema de depuración de todo o municipio.

O proceso de redacción implica un traballo de recompilación e análise de toda a información dispoñible no concello, así como a que se atopa en organismos como Augas de Galicia ou a Deputación Provincial da Coruña.

Co obxectivo de conseguir o saneamento integral do municipio, e seguindo uns criterios de optimización de custos e sustentabilidade que fagan que os vertidos sen tratar ao medio desaparezan, tamén se fará un estudo económico de varias alternativas e propostas de actuacións.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha