Malpica segue de festa con música e atraccións para todas as idades

1 minutes read


Sábado de feira e música


Está prevista a continuación das atraccións na zona do porto e ao longo do día (desde a mañá ata as 20.00 horas) estará aberta a feira que se instalará ao longo da rúa principal de Malpica.
Pola noite o son estará a cargo da Minidisc, que dará paso á musica da Orquestra Cinema. A agrupación musical presentará en Malpica o espectáculo co que inician a xira do verán 2022 polo que, os que se acheguen ata o Concello, terán a oportunidade de gozar en primicia do seu novo show.
Dous días de ritmo e diversión impulsados e organizados pola Concellería de Turismo Festexos e Mar. Desde o Concello de Malpica animan a todo o mundo a participar nesta verbena, respectando sempre as medidas sanitarias vixentes, en beneficio da saúde de todos.