Malpica celebra este domingo o 87º aniversario das Misións Pedagóxicas

1 minutes read
  • Está prevista unha visita á exposición fotográfica, unha sesión de títeres e a actuación da agrupación de baile tradicional Xacarandaina

O Concello de Malpica, a través da iniciativa da concellaría de Cultura, celebrará este domingo o 87º aniversario das Misións Pedagóxicas cunha programación cultural adaptada ao contexto actual, e onde o aforo será limitado.

Para ás 17:30 horas, no Centro Cívico, está prevista unha visita á exposición fotográfica guiada por Xurxo Alfeirán. Posteriorente, ás 18:00 horas, haberá unha sesión de títeres con ‘Novos lobos’ e ás 19:00 horas actuará o grupo de baile tradicional Xacarandaina.

O 20 de outubro de 1933, no marco das Misións Pedagóxicas, estreábase en Malpica o Retablo de Fantoches. José Val de Omar, Ramón Naya, Fernández Mazas, Miguel Prieto, Urbano Lugrís e Rafael Dieste iniciaban en Malpica de Bergantiños as representacións de monicreques que as Misións Pedagóxicas levarían por todo o país.