Malpica celebra este sábado a Cea das Letras 2022

Este sábado 5 de novembro terá lugar na Casa do Pescador, en Malpica de Bergantiños, a Cea das Letras 2022. O evento comezará ás 21:00 horas e nel darase a coñecer o gañador ou gañadora do XVII Certame de Poesía Erótica Illas Sisargas. Ademais, tamén se vai presentar o libro «Persistencia da música en novembro», da Editorial Xanela. O prólogo da obra está escrito por Juan Durán, compositor e Premio Reina Sofia de Composición 2018 e membro da Real Academia Galega de Belas Artes. Para poder asistir é necesario inscribirse chamando ao 649 507 285 ou ao 981 707 104.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha