Malpica celebra unha nova edición da ‘Festa Galega’


Malpica será o epicentro da música galega este venres e sábado cun cartel de luxo. Ademais tamén durante os días 18, 19, 20 e 21 celebrará o Mercado Medieval  Mariñeiro con múltiples actividades como soprado de vidro, barca pirata, noria medieval, paseos en tren, xogos tradicionais, pasarrúas musical, piratas e brasas voadoras.

A Festa Galega comezará o  venres día 19 e contará coa actuación de Camaño e Ameixeiras ás 22.15 horas, Ses ás 23.45 horas, Ialma á 01.15 horas e xa para rematar a noite ás 02.30 horas, The Cerne Revival Band. 

O Domingo 20, ás 12.00 horas, levarase a cabo o  desfile de bandas organizada pola asociación A.C. Malante. Pola noite ás 22.30 horas a festa comezará coa Charanga ACDC, A Mellor da Costa da Morte e xa para rematar ás 23.30 horas Arredores ofrecerá a súa fermosa música.