Malpica celebrará o 90 aniversario das Misións Pedagóxicas o 22 de outubro

Con motivo do 90  aniversario das Misións Pedagóxicas, o Concello de Malpica exporá no Fondo Lugrís (aula circular) do Centro Cívico a mostra fotográfica «As Misións Pedagóxicas en Malpica». Esta exposición, organizada polo Concello amosa imaxes das diferentes representacións de monicreques levadas a cabo na vila entre 1933 e 2022. Poderase visitar do 16 ao 30 de outubro.

José Val del Omar, Ramón Naya, Fernández Mazas, Miguel Prieto e Urbano Lugrís impulsaron xunto a Rafael Dieste o inicio dos espectáculos de monicreques en Malpica de Bergantiños. Estas obras eran interpretadas polas Misións Pedagóxicas por toda España.

Para conmemoralos o 22 de outubro Diáspora teatro representará a obra “O Peirao”. María Dobronich e Dani Blanco daranlle vida aos monicreques que narrarán a historia de dous pescadores de contos, como mensaxes en garrafas que chegan á beira. Cabe salientar que o peirao é un espectáculo sobre o valor da natureza a relación que temos as persoas con ela. A obra ten una duración de 45 minutos está dirixida para os máis pequenos e mestura monicreques, narración oral o clown e o teatro de obxectos que lle darán vida a esta fermosa historia.  O evento será ás 18:00h na  praza Anselmo Villar Amigo, pero no caso de que faga mal tempo, trasladarase ao auditorio do Centro Cívico de Malpica.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha