Malpica celebrará o día 1 de abril a súa ‘I Xuntanza de Maiores’


A Concellería de Servizos Sociais do Concello de Malpica organiza a “I Xuntanza de Maiores”. O evento levarase a cabo o 1 de abril no CEIP Milladoiro e constará dunha comida con música en directo amenizada polo Dúo Marineda. As persoas interesadas poden inscribirse no departamento de Servizos Sociais ou chamando ao 981 72 02 80 dende o 20 ao 29 de marzo ou ata completar aforo. O menú será a base de empanada, pulpo á feira, carne asada, café, postre e bebidas. A 12 euros por persoa.