Deportistas das escolas municipais de ximnasia rítmica e patinaxe participarán no día do ritmo en Malpica o vindeiro 28 de abril ás 18.00 horas. Un evento organizado pola Concellería de Deportes do Concello de Malpica no que participan nenos e nenas dos concellos de Laxe, Ponteceso e Cabana de Bergantiños. Nos últimos anos, desde a área de Deportes do Concello de Malpica vense realizando un importante esforzo na promoción das modalidades deportivas de baile moderno e ximnasia rítmica. Con esa intención, á marxe de difundir a súa práctica involucrando as diferentes entidades, mesmo de fóra do municipio, estableceuse a organización dun evento co obxecto de dar unha maior difusión ás devanditas actividades e poder ofrecer tamén un espazo específico para realizar demostracións do aprendido durante o curso.
0