Malpica celebrará un acto de lembranza polo 25N con 36 velas en memoria das vítimas de violencia machista

O Concello convida á cidadanía a participar no acto conmemorativo que se celebrará este 20 de novembro ás 19:30 horas, na Praza Villar Amigo, con motivo do 25 de novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller.

Durante o encontro acenderanse 36 velas en memoria das mulleres asasinadas en 2025, un xesto simbólico co que se pretende honrar as vítimas da violencia machista e manter vivo o seu recordo. O acto estará acompañado do lema «Lémbrámolas con luz, non con silencio», que subliña a importancia de non calar ante esta realidade e reforza o compromiso público fronte a esta forma de violencia.

O Concello destaca que a convocatoria pretende visibilizar a dimensión social deste problema, promover a reflexión colectiva e reclamar a implicación de toda a comunidade na defensa da igualdade, da liberdade das mulleres e do dereito a vivir sen medo.

Así mesmo, infórmase de que o martes 25 de novembro, ás 12:00 horas, terá lugar a lectura do manifesto institucional, como parte do compromiso coa erradicación da violencia machista.

Related posts

Este sábado resentación  do poemario “Os Ausentes” na casa da Cultura do Museo Man de Camelle, en Camariñas

Alerta vermella por temporal costeiro na Coruña e Pontevedra

A Deputación da Coruña e Orgullo Galego presentan unha nova edición do programa ‘O galego e as redes sociais’