Malpica celebrou a cuarta gala de Nadal de patinaxe


A cuarta gala de Nadal de patinaxe artística celebrouse este pasado sábado no pavillón municipal de Malpica.
Participaron as escolas deportivas do Concello e o club local Patín Velúa, ademais da entidade Eiriz, de Narón. En total, xuntáronse preto de medio cento de nenos e nenas (48).
Esta actividade está incluída no programa de Nadal do Concello, coa colaboración de Patín Velúa.