Malpica | Cerqueda acollerá este sábado a Foliadiña e a Foliada de Raigañas

A xornada dará comezo ás 13.00 horas no lugar de As Pozacas de Cerqueda cunha sesión vermú, amenizada polos grupos Arredores e Raigañas.

Pola tarde, tanto os cativos como os adultos poderán gozar desde as 17.00 ata 19.00 horas, de distintos obradoiros, de balde,  entre os que se inclúen un de regueifa, a cargo de Lupe Blanco; un de barro con María de Feituras e outro de baile a cargo de Carme de Pontragha.

 A música popular será a grande protagonista a partir das 19.00 horas, co comezo da Foliadiña para os máis cativos e unha hora máis tarde a tradicional Foliada, que encherá de ritmo a tarde nas Pozacas.

A organización informa de que se seguirán anunciando novidades e de que haberá servizo de comida e de taberna tanto ó mediodía como á noite.

A directiva da A.C. Raigañas invita a todas aquelas persoas que queiran disfrutar dun día cheo de boa música, baile, risas e parolas.

Related posts

O Punto Rojo ponse en marcha en Baio con descontos, premios, moita actividade nas rúas e unha ruta de tapas

Rosa Otero recoñecida como Filla Adoptiva da Coruña

Aberto o prazo de inscrición no programa de voluntariado xuvenil da Laracha