Malpica | Coloquio sobre sexualidade na infancia no CEIP Joaquín Rodríguez Otero de Buño


  • A actividade estará conducida pola educadora social Malaika Cousillas e terá lugar o luns 6 de xuño ás 16.15 horas

A biblioteca do CEIP Joaquín Rodríguez Otero de Buño acollerá o luns 6 de xuño, ás 16.15 horas, un coloquio sobre sexualidade na infancia e a adolescencia. A actividade, organizada pola ANPA Xaviña e a asociación Visibles, será conducida pola educadora social Malaika Cousillas.

No encontro abordaranse algunhas claves para superar os obstáculos que xorden no ámbito familiar e/ou escolar á hora de falar de sexualidade, unha cuestión que «en ocasións aínda esperta moita preocupación e vergoña», afirman desde a organización.

A actividade está dirixida a familias e persoal educativo da comarca. A entrada é de balde ata completar aforo.